O PROXECTO

Desde hai dúas décadas, a Fundación Santa María la Real desenvolve o Programa As Pedras Cantan, un ciclo musical que ten como obxectivo dinamizar a arte e o patrimonio a través dun variado repertorio de recitais. Esta iniciativa apoia a artistas novos e dá a coñecer lugares patrimoniais singulares, de grande interese histórico, converténdoos en escenarios vivos onde a música e a historia se entrelazan.

 

Las Piedras Cantan é un proxecto musical innovador e diferente, no que a música se converte nunha ferramenta para dar a coñecer o patrimonio e o patrimonio, á súa vez, no escenario perfecto para grandes talentos. A través dos seus concertos, convida a reflexionar sobre o valor da cultura no seu conxunto, ofrecendo unha experiencia única que permite gozar da arte e da música con todos os sentidos..

CONCERTOS

As Pedras Cantan 2026 | Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é unha cidade profundamente vinculada á música, á memoria e ao patrimonio. Nesta edición de As Pedras Cantan, queremos que estes tres elementos volvan atoparse baixo o lema «Música, patrimonio e novas voces», cunha programación que convida a gozar da cidade desde outros espazos e a través de novas sensibilidades artísticas.

Tres mulleres protagonizarán esta edición: María López, Icía Varela e Sheila Patricia, tres intérpretes galegas que representan diferentes maneiras de achegarse á tradición e traela ao presente. A música clásica, a gaita, a zanfona, o canto, a pandeireta ou a guitarra convivirán con repertorios transmitidos oralmente e novas composicións, amosando a riqueza e a versatilidade da música galega.

 

Os concertos celebraranse en tres espazos patrimoniais de Santiago de Compostela: San Martiño Pinario, Santa María de Conxo e Santa María do Sar. Esta edición conta co apoio do Concello de Santiago, sumando esforzos para conectar a creación artística, o patrimonio e a cidadanía.

CONTACTO

Tes algunha dúbida? Nós resolvémola! Envíanos un correo e responderémosche o antes posible.

cultura@santamarialareal.org